Saltar ao contido

Mikhail Gorbachev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMikhail Gorbachev

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Михаил Сергеевич Горбачёв Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1931 Editar o valor en Wikidata
Privolnoye (Unión Soviética) Editar o valor en Wikidata
Morte30 de agosto de 2022 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Central Clinical Hospital (Rusia) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia renal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor en Wikidata
Presidente da Unión Soviética
15 de marzo de 1990 – 25 de decembro de 1991
← sen valor – Supresión do cargo →
Chairman of the Supreme Soviet of the USSR (en) Traducir
25 de maio de 1989 – 15 de marzo de 1990
← sen valor – Anatoly Lukyanov (en) Traducir →
11º Chairman of the Presidium of the Supreme Soviet of the Soviet Union (en) Traducir
1 de outubro de 1988 – 25 de maio de 1989
← Andrei GromikoSupresión do cargo →
Secretário-geral do Partido Comunista da União Soviética (pt) Traducir
11 de marzo de 1985 – 24 de agosto de 1991
← Konstantin ChernenkoVladimir Ivashko (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaMarxismo-leninismo e Socialdemocracia Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónStavropol State Agrarian University (en) Traducir (–1967)
Moscow State University, Faculty of Law (en) Traducir (–1955)
Universidade Estatal de Moscova Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica, reforma econômica (pt) Traducir, democratization (en) Traducir, Perestroika e political reform (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, economista, ecoloxista, xurista, avogado Editar o valor en Wikidata
EmpregadorKomsomol (pt) Traducir
Fundação Gorbachev (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnion of Social Democrats (en) Traducir (2007–)
Partido Social Democrata da Rússia (pt) Traducir (2001–2007)
Russian United Social Democratic Party (en) Traducir (–2001)
Partido Comunista da Unión Soviética (1950–1991) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Carreira militar
Rango militarCoronel Editar o valor en Wikidata
Participou en
1997Mikhail Gorbachev Pizza Hut commercial (en) Traducir
1996Visiting Dmitry Gordon (en) Traducir
2 de xullo de 199028th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir
25 de febreiro de 198627th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir
23 de febreiro de 198126th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir
24 de febreiro de 197625th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir
30 de marzo de 197124th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir
17 de outubro de 196122nd Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRaíssa Gorbachova (1953–1999), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosIrina Virganskaya Editar o valor en Wikidata
PaisSergey Gorbachev Editar o valor en Wikidata  e Maria Gorbacheva Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
30 de agosto de 2022Mikhail Gorbachev, último líder soviético, morre aos 91 anos (pt) Traducir
26 de abril de 1986Accidente de Chernóbil Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Lentapedia
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Горбачёв Михаил Сергеевич) Editar o valor en Wikidata
Sitio webgorby.ru Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0329784 Allocine: 37163 Allmovie: p208691
Twitter: mgorbachev BNE: XX882424 Musicbrainz: 4cf28e5c-a148-42d3-802f-d0f6f4033086 WikiTree: Gorbachev-2 Find a Grave: 243112837 Editar o valor en Wikidata

Mikhail Sergeevich Gorbachev (en ruso: Михаил Сергеевич Горбачёв), nado en Privolnoe o 2 de marzo de 1931 e finado en Moscova o 30 de agosto de 2022,[1] foi un político ruso que foi o secretario xeral do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) desde 1985 ata 1989 e presidente executivo da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas dende 1989 até 1991.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 2 de marzo de 1931 (outras fontes[quen?] afirman que naceu en 1935) en Privolnoe, Rusia, no seo dunha familia campesiña. En 1952 ingresou ao Partido Comunista e tres anos despois contraeu matrimonio con Raisa Maksimovna Titorenko, con quen tería unha filla, Irina. Ese mesmo ano obtivo o título de avogado na Universidade de Moscova. En 1978 foi elixido Secretario de Agricultura no Comité Central do Partido Comunista e dous anos despois converteuse no membro máis novo do Politburó.

Trala inesperada morte de Konstantín Chernenko, en abril de 1985, Gorbachev foi elixido Secretario Xeral do Partido Comunista da URSS e polo tanto, o gobernante de facto da Unión Soviética. Trala reorganización do partido e do sistema electoral, foi elixido xefe de Estado (1989) e primeiro Presidente da URSS polo Congreso (1990). As súas reformas estruturais á vida política e económica da URSS, coñecidas polos seus nomes rusos Glásnost e Perestroika, minaron o monopolio exercido polo comunismo nos países do leste e puxeron fin á guerra fría.

En marzo de 1991 convocouse a un referendo na Unión Soviética, o 78% da poboación dixo si ao mantemento da URSS. En agosto dese ano foi destituído por un grupo de altos cargos do PCUS e do Goberno que buscaban deixar sen efecto o Acordo de Belovezhie, que disolvía de facto a URSS ao separarse Ucraína, Rusia e Belarús. Foi retido durante tres días na súa residencia de verán en Forós (Crimea), pero puido reasumir as súas funcións tralo fracaso do golpe de Estado. Modificou a lexislación que permitía o monopolio político exclusivo do PCUS e decretou a nulidade da anexión das Repúblicas bálticas, dando deste modo vía libre para a súa independencia.

Gorbachev e Ronald Reagan.

Debilitado polos ataques do presidente da Federación rusa, Boris Eltsin e tras un van intento de que as Repúblicas restantes asinasen o Tratado da Unión, decidiu renunciar como secretario xeral do Partido Comunista e disolver o Comité Central. No Nadal dese mesmo ano disolveu oficialmente a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas e renunciou como presidente executivo trala negativa dos presidentes das Repúblicas da Comunidade de Estados Independentes (CEI) a recoñecer os órganos do poder central.

Mikhail Gorbachev recibiu o Premio Nobel da Paz en 1990, pola súa contribución á distensión mundial.

En 1992 Mikhail Gorbachev creou a fundación que leva o seu nome e que ten filiais en países como os EUA, Suíza, Rusia ou Italia. Participou nalgunhas eleccións rusas, obtendo pobres resultados, e foi[cando?] o presidente do Partido Socialdemócrata de Rusia.

Conto da orixe galega

[editar | editar a fonte]

Nos anos oitenta, un artigo escrito polo profesor de Carballeda de Valdeorras Tomás Terrón, en La Región, especulaba coa idea de que Gorbachev fose de antergos galegos[2]. Segundo el, uns investigadores (que non nomea) atoparan que o avó de Gorbachev fora un emigrante valdeorrés, Antón Corbacho, que pasara a través de Europa Central ata a Rusia tsarista, e que alí batera coa Revolución de 1917. O fillo, Manuel, estudara sendo este investigador, no seminario de Tbilisi e fora o pai do dirixente soviético. En paralelo, o suposto autor bilbaíno Gabriel Carrete, sinalaba en declaracións á prensa galega[3] que "é evidente que algunhas xentes de nome Gorb son de procedencia galega", en apoio da tese de Terrón. Non hai ningunha fonte, de ningún tipo, que sosteña este conto.

Obras selectas

[editar | editar a fonte]
  • Perestroika, 1988.
  • The August Coup: The Truth and the Lessons, 1991.
  • Memorias, 1996.
  1. "Falece Gorbachov, o derradeiro mandatario da Unión Soviética". Nós Diario. 30 de agosto de 2022. 
  2. Terrón Mendaña, [Tomás] (14/08/1986). "Sensacional descubrimiento: Gorbachov puede ser gallego". La Región (Ourense): 11. 
  3. "Viaja a Galicia para demostrar el origen gallego de Gorbachov". La Región. 24/08/1986. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]