Racismo ambiental
O racismo ambiental é un termo utilizado para describir a inxustiza ambiental. Aplícase a como minorías étnicas están sometidas a unha exposición a contaminantes desproporcionada ou a como se lles denega o acceso a certos recursos naturais, como aire limpo, auga potable e outros beneficios ecolóxicos.[2][3]
No contexto internacional, a marxinación ambiental describe as relacións ecolóxicas desfavorecidas entre as nacións industrializadas e o Sur Global, asociándose ao colonialismo, o neoliberalismo e a globalización. O racismo ambiental inclúe a exposición a residuos tóxicos, inundacións, contaminación pola extracción de recursos naturais e industriais, carencia de bens esenciais ou a exclusión da administración e toma de decisións sobre as terras e os recursos naturais locais.[4]
Algúns casos de racismo ambiental
[editar | editar a fonte]- Desprazamento de poboacións negras nas zonas de São Paulo, Roraima e parte da rexión Centro-Oeste do Brasil, por parte doutras comunidades brancas e adiñeiradas apoiadas polo goberno Central.[5]
- Afectacións por pasivos ambientais xerados polo monocultivo da cana de azucre a poboacións indíxenas e negras nos departamentos do Cauca e Val do Cauca en Colombia.[6]
- Conflitos ecolóxicos distributivos entre as petroleiras e o pobo orixinario mapuche na Arxentina.[7]
- En Ecuador as persoas afrodescendentes sofren de racismo ambiental, debido á contaminación sistemática das súas fontes de auga e do medio ambiente, existe intimidación cara ás súas comunidades, e unha resposta insuficiente por parte do Estado.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Smits, David D. (23/1994). "The Frontier Army and the Destruction of the Buffalo: 1865-1883" 25 (3): 312. doi:10.2307/971110. Consultado o 2021-04-28.
- ↑ Racismo ambiental y otros ejemplos de capitalismo salvaje. Público. 1 de xuño de 2016.
- ↑ Racismo ambiental, conflictos climáticos y la revuelta Sioux en Dakota del Norte. Eldiario.es. 7 de novembro de 2016.
- ↑ Justicia ambiental y climática: de la equidad al funcionamiento comunitario. Ecología Política. 2011.
- ↑ Pacheco, Tania (26 de marzo de 2017). "Desigualdad, injusticia ambiental y racismo: una lucha que transciende el color de la piel". Consultado o 20 de marzo de 2019.
- ↑ Correa-García, Esteban (2018-03). "Territorial transformations produced by the sugarcane agroindustry in the ethnic communities of López Adentro and El Tiple, Colombia". doi:10.1016/j.landusepol.2018.03.026. Consultado o 20 de marzo de 2019.
- ↑ Rámirez, J (2011). "Violencia y racismo ambiental en Argentina. Resistencia y movilización de los pueblos indígenas en el Chaco. Etnografía wichí del conflicto. Capítulo: Antropología de la violencia". Consultado o 20 de marzo de 2019.
- ↑ ONU (23 de decembro de 2019). "Ecuador: La discriminación y el racismo ambiental contra los afrodescendientes debe terminar, dicen expertos de la ONU" (en español).