Saltar ao contido

Tiorredoxina mitocondrial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
TXN2
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
SímbolosTXN2 (HGNC: 17772) TXN2, MT-TRX, MTRX, TRX2, COXPD29, tiorredoxina 2, TXN
Identificadores
externos
LocusCr. 22 q12.3
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
25828 56551
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
Q99757 P97493
RefSeq
(ARNm)
NM_012473 NM_019913
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_036605 NP_064297
Localización (UCSC)
n/a Cr. 15:
77.8 – 77.81 Mb
PubMed (Busca)
25828


56551

A tiorredoxina mitocondrial tamén chamada tiorredoxina 2 é unha proteína que nos humanos está codificada no xene TXN2 do cromosoma 22.[1][2][3] Este xene nuclear codifica un membro mitocondrial da familia das tiorredoxinas, un grupo de pequenas proteínas multifuncionais con actividade redox. A proteína codificada neste xene pode exercer un importante papel na regulación do potencial de membrana mitocondrial e na protección contra a apoptose inducida por oxidantes.[1]

Estrutura

[editar | editar a fonte]

A TXN2 é unha tiorredoxina de 12 kDa caracterizada polo seu sitio activo redox Trp-Cys-Gly-Pro-Cys. Na súa forma oxidada (inactiva), as dúas cisteínas forman un enlace disulfuro. Este enlace é despois reducido pola tiorredoxina redutase e o NADPH a un ditiol, o cal serve como unha disulfuro redutase. A diferenza da TXN1, a TXN2 contén unha suposta secuencia diana mitocondrial N-terminal, responsable da súa localización subcelular mitocondrial, e carece de cisteínas estruturais.[4][5] Hai dous transcritos de ARNm do xene TXN2, que difiren en ~330 bp na lonxitude da rexión non traducida 3′ e crese que ambos os dous existen in vivo.[5]

Este xene nuclear codifica un membro mitocondrial da familia das tiorredoxinas, un grupo de pequenas proteínas multifuncioanais con actividade redox.[1] A proteína exprésase de forma ubicua en todos os organismos procariotas e eucariotas, pero ten unha expresión especialmente alta en tecidos con forte actividade metabólica, como o estómago, testículos, ovario, fígado, corazón, neuronas e glándulas adrenais.[4][5] Pode exercer importantes funcións na regulación do potencial de membrana mitocondrial e na protección contra a apoptose inducida por axentes oxidantes.[1][4] Concretamente, a capacidade da TXN2 de reducir enlaces disulfuro permite que esta proteína regule o redox mitocondrial e, dese modo, a produción de especies reactivas do oxíxeno. Por extensión, a regulación á baixa da TXN2 pode levar a incrementar a xeración de ditas especies e á morte celular.[4] A función antiapoptótica da TXN2 atribúese á súa implicación en mecanismos dependentes do GSH para eliminar especies reactivas do oxíxeno ou á súa interacción con tiois e así á súa regulación do compoñente translocador de nucleótidos de adenina (ANT) do poro de transición da permeabilidade mitocondrial.[5]

A sobreexpresión de TXN2 atenúa a acumulación de HIF-1alfa inducida pola hipoxia, o que está en oposición directa da TXN1 citosólica, que potencia os niveis de HIF-1alfa.[6] Ademais, aínda que tanto TXN2 coma TXN1 teñen capacidade de reducir a insulina, a TXN2 non depende do status oxidativo da proteína para esta actividade, unha cualidade que pode contribuír ás súas diferenzas en función.[4]

Importancia clínica

[editar | editar a fonte]

Demostrouse que os polimorfismos xenéticos no xene TXN2 poden estar asociados co risco de ter espiña bífida.[7]

O TXN2 inhibe a xeración de especies reactivas do oxíxeno estimuladas polo factor de crecemento transformante beta (TGF-β) independente da sinalización de Smad. O TGF-β é unha a citoquina prooncoxénica que induce a transición mesenquimal-epitelial, que é un evento crucial na progresión das metástases. En particular, a TXN2 inhibe a indución de HMGA2 mediada polo TGF-β, un mediador central da transición mesenquimal.epitelial, e a fibronectina, un marcador da transición mesenquimal.epitelial.[8]

Interaccións

[editar | editar a fonte]

A TXN2 interacciona con ANT.[5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Entrez Gene: TXN2 thioredoxin 2". 
  2. Spyrou G, Enmark E, Miranda-Vizuete A, Gustafsson J (xaneiro de 1997). "Cloning and expression of a novel mammalian thioredoxin". The Journal of Biological Chemistry 272 (5): 2936–41. PMID 9006939. doi:10.1074/jbc.272.5.2936. 
  3. Zhou J, Damdimopoulos AE, Spyrou G, Brüne B (marzo de 2007). "Thioredoxin 1 and thioredoxin 2 have opposed regulatory functions on hypoxia-inducible factor-1alpha". The Journal of Biological Chemistry 282 (10): 7482–90. PMID 17220299. doi:10.1074/jbc.M608289200. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Damdimopoulos AE, Miranda-Vizuete A, Pelto-Huikko M, Gustafsson JA, Spyrou G (setembro de 2002). "Human mitochondrial thioredoxin. Involvement in mitochondrial membrane potential and cell death". The Journal of Biological Chemistry 277 (36): 33249–57. PMID 12080052. doi:10.1074/jbc.M203036200. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Chen Y, Cai J, Murphy TJ, Jones DP (setembro de 2002). "Overexpressed human mitochondrial thioredoxin confers resistance to oxidant-induced apoptosis in human osteosarcoma cells". The Journal of Biological Chemistry 277 (36): 33242–8. PMID 12032145. doi:10.1074/jbc.M202026200. 
  6. Zhou J, Damdimopoulos AE, Spyrou G, Brüne B (marzo de 2007). "Thioredoxin 1 and thioredoxin 2 have opposed regulatory functions on hypoxia-inducible factor-1alpha". The Journal of Biological Chemistry 282 (10): 7482–90. PMID 17220299. doi:10.1074/jbc.M608289200. 
  7. Wen S, Lu W, Zhu H, Yang W, Shaw GM, Lammer EJ, Islam A, Finnell RH (febreiro de 2009). "Genetic polymorphisms in the thioredoxin 2 (TXN2) gene and risk for spina bifida". American Journal of Medical Genetics Part A 149A (2): 155–160. PMC 2970524. PMID 19165900. doi:10.1002/ajmg.a.32589. 
  8. Ishikawa F, Kaneko E, Sugimoto T, Ishijima T, Wakamatsu M, Yuasa A, Sampei R, Mori K, Nose K, Shibanuma M (xaneiro de 2014). "A mitochondrial thioredoxin-sensitive mechanism regulates TGF-β-mediated gene expression associated with epithelial-mesenchymal transition". Biochemical and Biophysical Research Communications 443 (3): 821–7. PMID 24342608. doi:10.1016/j.bbrc.2013.12.050. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]