Xuvencos, Boborás
Xuvencos | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Xuvencos. | |
Concello | Boborás[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°26′25″N 8°07′46″O / 42.440277777778, -8.1294444444444 |
Poboación | 366 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Xuvencos é unha parroquia do concello ourensán de Boborás, onde se localiza a cabeceira municipal. Segundo o IGE en 2011 tiña 366 habitantes (169 homes e 197 mulleres).
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra. A súa actividade principal é a agricultura, xunto cos servizos derivados da capitalidade –centro de saúde, farmacia, dependencias municipais, bancarias...– e unha certa actividade comercial e de hostalería, cunha casa de turismo rural.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]No lugar da Torre, preto do lugar do Penedo de Xuvencos, existiu un castelo, derrubado en 1467 no marco da Gran Guerra Irmandiña.
O templo parroquial, de estilo románico, consta dunha soa nave rectangular modificada na espadana e na ábsida no século XIX. Contén un retablo barroco excepcional así como o cruceiro do Bispo que se atopa á entrada do templo.
A Festa das Mudaciós celébrase o segundo e o terceiro domingo do mes de maio. Consiste na mudanza e intercambio das imaxes da Virxe de Xuvencos e a Santa Sabela que se garda na capela de, que durante unha semana intercambian os seus puntos de domicilio. Cada catro anos báilase nesta festa a danza de Xuvencos. Catro parellas de homes e mulleres solteiros da parroquia celebran o paseo, tres muiñeiras, tres paleados e o entrenzado que se fai arredor dun pau que ten na súa punta a figura dun boneco ó que se lle chama popularmente Xigante. Este danza está vinculada á poderosa Confraría da Virxe que existiu na parroquia e mais á do Rosario de Cameixa, pois ata o céculo XIX a mudación se facía entre Xuvencos e Cameixa.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cruceiro do Bispo.
-
Igrexa de Santa María de Xuvencos.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Xuvencos
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Xuvencos no concello ourensán de Boborás | |
---|---|
A Almuzara | Bergazos | Boborás | Franza | O Igrexario | A Lama | O Penedo de Xuvencos | As Quintás | Rodas | Sande | Xesteira |
Parroquias de Boborás
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Sobrado, Xosé Luis (1996). Xuvencos. Historia e tradición. Concello de Boborás.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sobrado, Xosé Luis (1996). Concello de Boborás, ed. Xuvencos. Historia e Tradición.