Boborás
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Boborás | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.232 (2023) (39,88 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 55,97 km² | ||||
Altitude | 420 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Ana Patricia Torres Madureira (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Boborás | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32514 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32013 | ||||
Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003). Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial. O xentilicio é boborao ou boborés.[1]
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total | 2510 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 142 (5,66 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1245 (49,6 %) |
Maiores de 65 anos | 1123 (44,74 %) |
Evolución da poboación de Boborás Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
7399 | 7066 | 6919 | 5113 | 3214 | ||||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados. Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.
O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.
Patrimonio histórico e artístico
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.
A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.
A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.
O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.
O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Boborás
-
Pazo de Moldes.
-
Igrexa de Astureses
-
Igrexa de San Martiño da Cameixa
-
Igrexa románica de Moldes
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Boborás
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Boborás vexa: Lugares de Boborás.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 42. ISBN 978-84-8158-706-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boborás |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |