Esopo
Nome orixinal | (grc) Αἴσωπος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 620 a. C. Mesembria (Pontus), Bulgaria (en) |
Morte | c. 564 a. C. (55/56 anos) Delfos, Grecia |
Actividade | |
Ocupación | fabulista, filósofo, mitógrafo, escritor |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Período de actividade | (Con vida en: século VI a. C. ) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia de Otto |
Esopo (Αἴσωπος), nado en Tracia no 620 a. C. e finado no 564 a.C., foi un escravo da Antiga Grecia. Residiu na Illa de Samos, e fíxose famoso polas súas pequenas historias de animais, cada unha cun propósito moral. As súas fábulas reuniunas Demetrio de Falero no 325 a.C. Todo o que se coñece del provén de Heródoto.
Obra
[editar | editar a fonte]A obra de Esopo foi recompilada primeiro por Demetrio de Falero, logo por Fedro, Babrio, Jean de La Fontaine e Félix María Samaniego. Hai unha versión en galego das súas Fábulas, obra de Xoán Carlos Domínguez Alberte.
Nas súas fábulas hai unha ensinanza moral, non unha doutrina. Recollen experiencias da vida cotiá que forman un conxunto de ideas de carácter pragmático.
Un exemplo é A galiña dos ovos de ouro. Outro é A lebre e a tartaruga. Esa fábula foi utilizada por Zenón de Elea para falar do movemento, substituíndo a lebre por Aquiles. Félix María Samaniego tamén reescribiu a historia, facendo fincapé no carácter negativo da lebre. Jean de La Fontaine recolleu a historia con algunhas variantes da súa colección; por exemplo, o feito de que as tartarugas fosen máis dunha turnándose e enganando con enxeño á pobre lebre, feito habitual nos contos, sendo nesa versión moi similar ao conto Der Hase und der Igel (en galego O ourizo e a lebre),[1] ambientado en Buxtehude, Baixa Saxonia, recollido polos irmáns Grimm.
Notas
- ↑ Ramil, Laura Vázquez (2018-04-06). "Pontelectura Infantil: O ourizo e a lebre". Pontelectura Infantil. Consultado o 2022-08-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Alegoría
- Conto
- Conto de fadas
- Fábula
- Literatura infantil
- Literatura infantil e xuvenil
- Parábola
- Personificación
A Galipedia ten un portal sobre: Grecia antiga |