Aña
A aña, ou añas, son cantos de traballo asociados ás labradas veciñais da terras para a sementeira do millo. Musicalmente acompáñanse do ritmo obtido polo bater das pedras nos sachos.
Características
[editar | editar a fonte]O costume das labradas chegou até os anos setenta do século XX nas comarcas galegas do Condado e da Paradanta, e consta a súa existencia en Boqueixón[1], na Terra de Montes e na Serra do Suído.[2]
Durante estes traballos de axuda mutua, dividíanse as tarefas manuais entre dous bandos de labregas[a] que competían por rematar primeiro a súa parte. As vencedoras gañaban o dereito a "botala aña", isto é, iniciar unha serie de cantigas sarcásticas dedicados ás perdedoras, mentres se acompañaban da música producida polo bater das pedras nas ferramentas de labranza.[3][4]
O nome de aña, cría femia da ovella, emprégase neste caso como sinónimo de animal ruín con poucas posibilidade de supervivencia, e dáselle o sentido de premio aldraxante para o bando derrotado. De feito, na temática das cantigas empregadas nas añas, abundan as referencias ao animal e a súa familia.[5][6]
Nalgunhas zonas era tradición tamén que as vencedoras, que labraban un dos cabeceiros da leira enviasen un ramallo espetado no arado aos do cabeceiro perdedor.[6] Entregado este ramo bailábase con el que, por extensión, recibe tamén o nome de aña.[3][5]
A asociación cultural Trépia de Pontevedra organiza desde o ano 2010 a "aña urbana", un encontro arredor dos bailes e cantares vencellado ao ciclo das labradas.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]“ | que d’acá botamos nós-e mataremos un carneiro i-os collóns serán pra vos-e.
mociñas do cabeceiro Xa que levaste-la aña, levai tamén o carneiro. |
” |
—Cantigas da aña |
- ↑ Eran maioritariamente as mulleres as encargadas de traballar cos legóns.
- Referencias
- ↑ Carpintero, Pablo. "Ferramentas agrícolas". Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega. Consello da Cultura. Consultado o 2021-04-08.
- ↑ Outeiro, Xandre (2012). ManüEle... de Pandeireta e canto tradicional. Ediciones Intermitentes. p. 63.
- ↑ 3,0 3,1 Camafeita, Olga (2001). "Aña". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo).
- ↑ Pablo Carpintero, Rosa Sánchez (2019). Música e evolución. p. 40m 27s.
- ↑ 5,0 5,1 Feijoo, Xisco (2020). "As añas". Aturuxo (19): 69–71.
- ↑ 6,0 6,1 Carpintero, Pablo. "Ferramentas agrícolas". Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega. Consultado o 2021-04-08.
- ↑ Aña Urbana 2013 Asociación Cultural Trépia. Trépia Asociación Cultural. 2013.
- ↑ Asociación Cultural Trépia. "Aña Urbana". trepia.org. Consultado o 2021-04-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Feijoo, Xisco (2020). "As añas". Aturuxo (Asociación de Gaiteiros Galegos) (19): 69–71.
- Outeiro, Xandre (2020). "Vós que levade-la iaña". Aturuxo (Asociación de Gaiteiros Galegos) (19): 72–75.
- Ignacio Costa, Guillerme (2020). "O ritual da i-aña: moito máis ca tocar os leghóns". Aturuxo (Asociación de Gaiteiros Galegos) (16): 50–53.
- Camafeita Longa, Olga (2010). Dicionario Da Música Popular En Galicia (PDF). Rinoceronte Editora. ISBN 8493781657.
- Carpintero Arias, Pablo (2010). Os Instrumentos musicais na tradición galega. Difusora de Letras, artes. ISBN 8492958057.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Os ciclos do ano en Toutón - TVG (Alalá nº 59 - 2008)
- Labrada en Queimadelos - ACF O Fiadeiro - Luar (01/2018) - TVG - Youtube.
- O ritual da i-aña, as labradas e as sachadas - Gillerme Inácio Costa - Lume na Palleira (11/2020) - Radio Galega.