Culleres (instrumento musical)
Culleres | |
---|---|
Información | |
Clasificación | Idiófono de golpe |
As culleres, de madeira ou metal, son utensilios de cociña empregados na música tradicional galega para o acompañamento musical. Como instrumento correspóndelles a categoría de idiófonos de golpe.[1]
Características
[editar | editar a fonte]As culleres tócanse por parellas batendo unha coa outra para producir golpes e redobres cos que se acompañan melodías e cantos. O seu uso áchase estendido por toda Galiza e son hoxe fabricadas polos artesáns especificamente para este fin[2]. Nas de madeira empréganse principalmente madeiras duras como o buxo ou o palisandro, debido á súa superior sonoridade.[3]
Existen distintos xeitos de tocalas. O máis común é colocando enfrontadas as partes convexas das culleres na man dereita, unha entre os dedos índice e corazón, e a outra entre o índice e o polgar. Así suxeitas, bátense entre entre a perna esquerda e a man esquerda, que se sitúa a unha distancia como dunha cuarta. Neste xeito de tocar os redobres obtéñense pasando, de arriba a abaixo, a punta da culler inferior sobre os dedos estendidos da man esquerda.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Culleres". Consultado o 2021-07-20.
- ↑ "Catálogo de produtos". Pablo Martínez (Artesán). Consultado o 2021-07-20.
- ↑ "Entrechocados". instrumentosgalegos.gal. Consultado o 2021-07-20.
- ↑ "Curso de cuchara mundoritmo". web.archive.org. 2010-03-25. Archived from the original on 25 de marzo de 2010. Consultado o 2021-07-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carpintero Arias, Pablo (2010). Os Instrumentos musicais na tradición galega. Difusora de Letras, artes. ISBN 8492958057.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Culleres (Xaquín Xesteira Losada) - IES Asorei (2011). Youtube