Saltar ao contido

Cronoloxía da Grecia antiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cronoloxía da Grecia antiga

Historia Historia de Grecia
Cronoloxía Cronoloxía de Grecia
Cronoloxía da Grecia antiga
Categoría Historia de Grecia
Prehistoria
Prehistoria de Grecia
Idade Antiga
Historia antiga de Grecia e Antiga Grecia


Esta é unha cronoloxía da Grecia antiga, que comprende importantes eventos, cambios legais e territoriais ademais de acontecementos políticos, sociais e económicos na Grecia antiga e nos seus estados predecesores; tamén eventos internacionais que tiveron relevancia para a historia antiga de Grecia.

Séculos: século -IX · século -VIII · século -VII · século -VI · século -V · século -IV · século -III · século -II · século -I · século I · século II · século III · século IV

Prehistoria

[editar | editar a fonte]
Data aproximada Acontecemento
VI milenio a. C. - IV milenio a. C. Neolítico en Grecia.
3000 a. C. Primeiras aglomeracións en Creta. Chegada dos minoicos.
Século -XXVII Idade de Bronce. Principio do Heládico e do Minoico antigos.
Século -XXIII Principio do Bronce Medio en Grecia. Destrucións. Chegada dos minios ou «protogregos».
Século -XXI Primeiras formas palaciais en Creta.
Século -XX Paso ao Heládico e ao Minoico medios.
Século -XVIII Primeiros palacios cretenses.
Século -XVII Destrución xeral das localizacións cretenses.
-1680 Segundos palacios cretenses.
-1650 Primeiras tumbas de Micenas. Chegada dos Micénicos.
-1630 Explosión do volcán de Santorini. Hai unha incerteza de máis ou menos cincuenta anos (entre -1650 e -1598).
Século -XVI Apoxeo dos palacios de Cnossos.
-1600 - -1580 Paso ao Heládico e ao Minoico recentes.
-1450 Destrución xeral das localizacións cretenses. Ocupación micénica de Cnossos.
-1450 - -1350 Apoxeo dos palacios micénicos.
Século -XIV Arquivo de Cnossos en Lineal B.
Século -XIV Expansión micénica.
-1250 Guerra de Troia
-1200 Arquivos de Pilos en Lineal B. Perturbacións xerais.
-1194 - -1184 Guerra de Troia, segundo a cronoloxía helenística.
Século -XII Ruptura das relacións internacionais. Fragmentación e declive das comunidades micénicas. Principio dos séculos escuros.
-1104 «Regreso dos Heráclidas» ou migración doria, segundo as tradicións antigas.
-1104, -884 ou -776 Datas atribuídas a Licurgo nas distintas cronoloxías.
-1102 Principio da lista dos reis en Esparta.
-1100 Principio da Idade de Ferro en Grecia. Fundación lendaria de Gades (Cádiz) polos fenicios.
-1077 - -1044 Datas tradicionais da fundación de Mileto en Asia Menor.
Século -XI - Século -X Poboamento grego da costa de Asia.
-1020 Principio da época protoxeométrica en Grecia.
-1000 Tumba principesca de Lefkandi de Eubea. Primeiras pegadas de culto en Olimpia. Primeiro agrupamento grego con carácter urbano en Esmirna (Asia Menor).

Século -IX

[editar | editar a fonte]
Data aproximada Acontecemento
-900 Principio da época xeométrica en Grecia.
Século -IX Sinecismo en Esparta.
-814 Fundación fenicia de Cartago no Mediterráneo occidental.
século -IX Primeiras pegadas de culto en Delfos.

Século -VIII

[editar | editar a fonte]
Data aproximada Acontecemento
século -VIII Composición suposta da Ilíada.
-800 Fundación grega de Al-Mina nos confíns da Siria e da Anatolia. Instalación Etrusca en Toscana.
-776 Primeiras competicións panhelénicas, en Olimpia.
-775 Primeiras pegadas gregas na illa de Ischia (Pitecusa).
-VIII Aparición da escritura. Fin da alta época arcaica grega.
-757 - -738 Primeira guerra de Mesenia segundo a cronoloxía tradicional.
-756 Fundación de Cícico, na Propóntide (mar de Mármara).
-754 Principio da lista dos éforos en Esparta.
-753 Principio das maxistraturas decenais, e posteriormente anuais, en Atenas.
-750 Fundación grega de Ischia en Campania. Fundación lendaria de Eivisa por Cartago. Amicleas, ao sur da Laconia convértese no lugar das festas panlaconias.
Fundación de Cumas na baía de Nápoles.
-747 Oligarquía dos Baquíadas, en Corinto.
-736 - -716 Primeira guerra de Mesenia.
-734 - -733 Fundación de Naxos e de Siracusa e implantacións gregas en Sicilia.
-730 Control do estreito de Mesina polos gregos.
-730 - -725 Vestixios arqueolóxicos máis antigos atopados na localización de Cartago.
-720 Construción dos grandes templos de Esmirna e de Samos.
-708 Fundación de Parium, ao norte do Helesponto.
-706 Fundación de Taranto e implantación grega en Italia do Sur.
-700 Construción dos templos de Corinto e de Argos. Reorganización urbana de Esmirna. Anexión de Eleusis por Atenas.
século -VIII Composición suposta da Odisea. Templo e ágora de Dredos, en Creta. Guerra lelantina, entre Calcis e Eretria de Eubea. Navegación nos estreitos.

Século -VII

[editar | editar a fonte]
Data aproximada Acontecemento
-690 acondicionamento do santuario panhelénico de Poseidón, no istmo de Corinto.
-687 Xixes funda a dinastía dos Mérmnadas en Lidia. Protectorado sobre as cidades de Xonia.
-686 Fundación de Calcedonia, á entrada do Bósforo.
-683 Arcontado anual e institución dos seis tesmótetas en Atenas.
-675 Invasión dos Cimerios, un pobo escita da estepa. Destrución do Artemision de Éfeso.
-669 - -668 Guerra entre Esparta e Argos. Derrota de Hysiæ. Aparición da falanxe.
-668 - -654 Segunda guerra de Mesenia.
-657 Fundación de Bizancio, á entrada do Bósforo, fronte a Calcedonia. Establecemento da tiranía dos Cipsélidas en Corinto segundo a cronoloxía tradicional.
-656 Fundación de Istros, no esteiro do Danubio e implantación grega no mar Negro.
-652 Morte de Xixes e entronización de Aliates.
651 a. C. Fundación de Lampsaco, no Helesponto.
século -VII Actividade do poeta Tirteo.
Primeira lei escrita.
-650 - -630 Tiranía de Feidón en Argos.
-646 Fundación de Olbia, no esteiro do Dniéper.
-640 Primeira representación da falanxe (vaso Chigi).
-635 ou -632 Tentativa tiránica de Cilón en Atenas.
-630 Fundación de Cirene en Libia.
-629 Fundación de Sinope, na costa norte de Asia Menor.
-624 - -620 Lexislación de Dracón en Atenas.
-614 Principio do avance dos medas, pobo iranio, na Alta-Mesopotamia.
-610 - -580 Tiranía de Clístenes en Sición.
600 a. C. Navegación de Colaios de Samos ata Tartessos (na Península Ibérica). Primeira implantación fénico-púnica no litoral marroquino. Principio da expansión focea.
Fundación lendaria de Marsella polos foceos. Destrución de Esmirna por Aliates.
Fundación de Trebisonda (Cólquida), na costa norte de Asia Menor. Primeiras moedas en Éfeso.

Século -VI

[editar | editar a fonte]
Data aproximada Acontecemento
-600 - -590 Primeira guerra sagrada. Desenvolvemento da anfictionía de Delfos.
Moedas de Exina.
-594 ou -592 Arcontado de Solón en Atenas.
-590 Fundación focea de Emporion (Empúries) na costa catalá, e logo da súa extensión Neápolis.
Anarquía (ausencia de arcontado) en Atenas.
-586 Anarquía en Atenas.
-585 Primeiro enfrontamento entre Aliates e Medas. Fronteira do Halys.
-583 Caída da tiranía en Corinto.
-582 - -580 En Atenas, arcontado prolongado de Damasias.
-579 Creación en Atenas das tres faccións políticas da chaira, a costa e os outeiros.
-566 Fundación das Panateneas.
-565 Primeiro establecemento foceo, modesto, en Alalia (Aléria), en Córsega; outro pequeno establecemento en Agde.
-561 Primeiro golpe de Estado de Pisístrato en Atenas.
-560 Establecemento da tiranía dos Pisistrátidas en Atenas. Subida ao trono de Creso en Lidia.
-559 Subida ao trono de Ciro II, do clan real persa dos Aqueménidas e herdeiro da dinastía Meda.
-556 Primeira expulsión de Pisístrato de Atenas.
-550 Formación da liga do Peloponeso. Cesamento das exportacións das cerámicas «gregas do leste».
Unión dos Persas e dos Medas. Principio da expansión persa.
-550 - -525 Aparición e difusión da moeda de prata.
-549 ou -544 Segundo golpe de Estado en Atenas de Pisístrato, apoiado polos Alcmeónidas.
-548 Incendio e reconstrución do templo de Delfos.
-546 - -540 Conquista de Asia Menor e das cidades de Xonia polos Persas.
-546 ou -541 Segunda expulsión de Pisístrato. Repregue en Tracia.
-546 Conquista do reino lidio polos Persas. Destrución de Esmirna, Xanthos, Caunos. Emigración focea.
-545 - -543 Destrución de Focea (Asia Menor) polos Persas e transferencia da metrópole focea, coa metade da súa poboación, a Alalia, en Córsega. Refundación.
-540 - -535 Batalla de Alalia, que enfronta os Gregos de Focea cos Cartaxineses e cos Etruscos. Derrota focea. A cidade fica poboada, non se sabe baixo o control de quen. Cinco anos de vagabundeo e de piratería foceas.
-537 - -522 Tiranía de Polícrates de Samos en Samos.
-535 - -530 Fundación de Velia, en Campania, polos foceos.
-534 Terceiro golpe de Estado de Pisístrato apoiado por Tebas e Lígdamis de Naxos. Batalla de Palene. Expulsión de Atenas de Milcíades ao Quersoneso.
-530 Pitágoras en Italia do Sur. Peche de Esparta ao comercio.
-530 - -525 Aparición das moedas de Atenas coa «curuxa».
-529 Morte de Ciro. Subida ao trono de Cambises II.
-528 Morte de Pisístrato. Tiranía de Hipias en Atenas.
-525 Arcontado en Atenas de Clístenes o Alcmeónida.
-522 Subida ao trono de Darío I.
-522 - -521 Revoltas no imperio persa. Secesión do sátrapa de Lidia. Execución de Polícrates de Samos.
-520 Subida ao trono de Cleómenes I en Esparta e principio do expansionismo espartano.
-519 Darío retoma o control de Lidia e de Xonia.
-517 Samos, Quíos e Lesbos baixo dominio persa.
-516 O ateniense Milcíades instálase en Tracia, nas posesións ancestrais do Quersoneso.
-515 Esparta rexeita intervir en Samos e na Escitia contra os Persas.
-514 Tiranicidio en Atenas: asasinato de Hiparco, irmán de Hipias, polos tiranoctonos.
-513 Expedición de Darío a Europa, os escitas. Participación dos Gregos de Xonia e de Milcíades. Primeiro paso dos Estreitos.
-512 Conquista da Tracia polos Persas.
-512 - -511 Conquista da Tracia por Megabazo.
Época clásica
-510 Intervención espartana en Atenas contra o tirano. Derrocamento da tiranía en Atenas. Regreso dos exiliados. Exilio de Hipias a Persia. Stasis entre Clístenes o Alcmeónida e Iságoras, xefe dos oligarcas. Intervención de Cleómenes de Esparta en favor de Iságoras.
-508 Primeiro tratado entre Roma e Cartago que se reparten o Mediterráneo occidental. Intervención espartana en Atenas (fracaso). Reforma de Clístenes. Posta en marcha dos cargos democráticos.
-506 Nova expedición de Esparta contra Atenas. Conflito entre a cidade de Esparta e o rei Demarato.
-505 Principio da tiranía de Cleandro en Xela.

Século -V

[editar | editar a fonte]
Ano Data Acontecementos
500 a.C. Expedición persa contra Naxos. Misión de Aristágoras de Mileto en Esparta e en Atenas. Débil situación das importacións gregas no Mediterráneo occidental.
-499 - -494 Rebelión das cidades de Xonia contra os Persas.
-498 Esparta rexeita intervir en Xonia. Saqueo de Sardes polos Xonios, aliados cos Atenienses e os Eretrios. A Caria e a Licia e Chipre únense á Rebelión. Atenas e Eretria retiran as súas tropas. Fin da tiranía de Cleandro e principio da tiranía de Hipócrates en Xela.
-497 Combates en Chipre.
-497 - -496. Ofensiva persa en Asia Menor por terra. Asedio de Mileto.
-496 - -495 Tentativa xonia de abrir unha fronte en Tracia. Campañas de Hipócrates en Sicilia oriental contra as cidades calcidias.
-494 Vitoria de Esparta sobre Argos en Sepeia. Sometemento de Chipre. A frota persa está no mar Exeo. Pacificación do litoral anatolio. Derrota dos Xonios en Lade. Caída de Mileto. Misión de Datis de Sardes a Persépole para preparar a contraofensiva no Exeo. Principio da tiranía de Anaxilao, en Rexion. Ataque de Hipócrates de Xela contra Siracusa.
-493 Última ofensiva xonia ao noroeste da Asia Menor. Captura e execución dos axentes da Rebelión. Restablecemento do dominio persa sobre a Xonia.
-492 Reorganización das cidades de Xonia. Instauración de «democracias» polos Persas. Expedición de Mardonio a Tracia. O Ateniense Milcíades abandona as posesións ancestrais de Quersoneso e volve a Atenas.
-491 Intervención espartana en Exina. Emisarios de Darío aos Estados gregos para pedir a súa submisión. Principio das hostilidades entre Atenas e Exina. Morte de Hipócrates. Xelón convértese en tirano de Xela. Expulsión dos aristócratas de Siracusa.
-490 Expedición naval de Datis e de Artafernes nas illas e contra Atenas (primeira guerra médica).
Primavera Unha escuadra persa mandada por Datis aparece no Exeo, proveniente de Cilicia.
marzo Vitoria de Exina sobre Atenas.
Verán Toma de Naxos polos Persas. Asedio e saqueo de Eretria en Eubea.
setembro Desembarco persa na Ática, en Maratón. Vitoria ateniense en Maratón, obra de Milcíades. Os persas volven embarcar. Fracaso dun desembarco persa en Falero.
Outono Repregue da frota persa ao sueste do Exeo.
-489 Primavera Expedición de Milcíades a Paros nas Cícladas. Fracaso.
Anaxilao de Regio toma o control de Mesina e do Estreito.
-488 - -472 Tiranía de Terón, en Agrigento.
-486 Morte de Darío I. Subida ao trono de Xerxes I.
-485 - -478 Tiranía de Xelón en Siracusa. O seu irmán Hierón é gobernador de Xela.
-483 En Atenas, lei naval de Temístocles e ostracismo de Arístides. Anexións e expulsións en Xela, Camarina, Mégara Hyblaea... Rerilos, tirano de Himera, apela a Cartago.
-482 Preparativos de guerra en Cartago e en Sicilia. Fracaso das negociacións entre Xelón e a liga panhelénica de Corinto.
-481 Mobilización persa en Sardes. Constitución da liga panhelénica en Esparta.
setembro Aceleración do programa de construción naval en Atenas.
outubro Reunión do exército persa en Sardes, baixo o mando do rei Xerxes. Envío de embaixadores aos Estados gregos.
novembro Paz entre Atenas e Exina, en guerra desde -485.
-481 - -480 Inverno Embaixada dos Gregos a Xelón de Siracusa. Fracaso do proxecto de alianza. Paz dos trinta anos entre Esparta e Argos.
-480 - -479 Segunda guerra médica.
-480 Avance dos Persas desde os Estreitos ata Grecia central. Derrota grega nas Termópilas. Saqueo de Atenas. Vitoria naval dos gregos en Salamina. Intervención de Cartago nos asuntos de Sicilia. Vitoria grega de Himera.
Primavera Establecemento da liga panhelénica. Cuartel Xeral no santuario do Istmo.
xuño Xerxes pasa o Helesponto. Unión do exército e da frota persas ao fondo do golfo Termaico, en Macedonia. Reunión dos Estados gregos resistentes no santuario do Istmo. Paz común e convocatoria aos exiliados. Decisión de defender as Termópilas.
agosto Leónidas e a súa garda espartana avanzan cara ás Termópilas. A frota grega remonta cara a Skiathos.
Xerxes I establece o seu campamento na fronteira sur de Macedonia. A frota persa abandona o golfo Termaico e bordea as costas macedonias e tesalias.
15 setembro A frota persa chega ao golfo Malíaco, en Tesalia. Principio das operacións navais cerca de Skiathos.
17 setembro Douscentos navíos persas chegan ao cabo Artemision, ao norte da Eubea. Xerxes I ataca as Termópilas.
18 setembro Treboada e destrución dos douscentos navíos persas.
19 setembro Morte de Leónidas. Xerxes I pasa as Termópilas.
21 setembro Repregue da frota grega sobre Salamina. Decisión dos gregos de defender o Istmo. En Atenas, decisión de abandonar a cidade.
27 setembro Xerxes I entra en Atenas.
28 setembro Incendio da Acrópole. A frota persa en formación de combate entre o Pireo e Salamina. Consello de guerra dos Gregos.
29 setembro Batalla de Salamina. Os persas repréganse sobre Atenas e Falero.
outubro A frota persa regresa a Asia Menor. O exército persa abandona Atenas e vai hibernar a Tesalia. Xerxes I volve a pasar a Asia e chega a Sardes. Mandato de Mardonio.
-479 Vitoria de Platea, que libera Grecia. Vitoria naval de Micale e liberación da Xonia.
xuño Mardonio invade a Beocia. Nova evacuación e nova destrución de Atenas. Reunión das forzas peloponesias no Istmo, que remontan por Mégara e a Ática ata Platea, en Beocia. Batalla de Platea. Morte de Mardonio. Retirada dos persas cara aos estreitos.
xullo - agosto A frota grega libera Quíos, Samos e Lesbos que forman parte da Liga. Batalla do cabo Micale e destrución das fortificacións persas. A frota remonta cara aos Estreitos e libera Abidos.
Outono Saída dos barcos peloponesios.
-478 Combates nos Estreitos. Constitución por Atenas da Liga de Delos. En Siracusa, morte de Xelón e subida ao trono de Hierón. O terceiro irmán, Polizelos é gobernador de Xela.
Primavera O espartano Pausanias, vencedor de Platea, chega ante Bizancio, asedio de Sestos. Destrución da ponte de barcos persa sobre o Helesponto pola frota ateniense. Chamada de Pausanias a Esparta. A frota ateniense fica soa no mar Exeo.
-478 - -477 Fundación por Atenas da Liga de Delos.
-476 Expulsión dos Persas de Tracia e de Europa. Fin da tiranía de Anaxilao en Region.
-474 Vitoria naval de Hierón sobre a frota etrusca, en Cumas.
-472 Os Persas, traxedia de Esquilo.
-471 Rebelión de Naxos. Ostracismo de Temístocles? Morte de Pausanias.
-469 Destrución da frota persa. Liberación dos Gregos de Asia.
-466 Morte de Hierón. Trasíbulo, o cuarto irmán, convértese en tirano de Siracusa.
-465 Caída de Trasíbulo. Fin da tiranía en Sicilia. Principio da Rebelión de Thasos. Terremoto en Esparta e principio da Rebelión dos hilotas de Mesenia.
-463 Fin da Rebelión de Tasos.
-461 Ostracismo de Cimón e reformas de Efialtes, en Atenas.
-461 - -446 Primeira guerra do Peloponeso entre Esparta e Atenas.
-460 - -454 Expedición ateniense a Chipre e a Exipto: fracaso.
-456 Fin da Rebelión dos hilotas de Mesenia.
-454 Traslado do tesouro da liga de Delos a Atenas.
-453 - -440 Movemento de liberación de Ducetio en Sicilia.
-451 Primeira lei de Pericles.
-450 Apertura do obradoiro da Acrópole de Atenas.
-450 - -449 Vitoriosa campaña ateniense en Chipre.
-448 Irregularidades na percepción do tributo. Paz de Calias cos Persas Segunda guerra sagrada.
-447 Primeira confederación Beocia.
-446 Paz dos trinta anos entre Esparta e Atenas.
-444 Fundación panhelénica de Turios.
-441 - -431 Goberno persoal de Pericles.
-441 - -439 Rebelión de Samos.
-438 Finalización do Partenón.
-437 Fundacións atenienses ao norte do Exeo.
-435 Conflito entre Corcira e Corinto.
-435 - -432 Procesos políticos contra o contorno de Pericles.
-433 Alianza de Atenas con Corcira.
-432 Rebelión de Potidea e intervención ateniense. Decreto contra Mégara ? Conferencia de Esparta.
-431 - -421 Guerra de Arquídamo.
-431 primavera Expedición tebana a Platea.
maio - xuño Invasión da Ática polo exército espartano. Instalación dunha cleruquía en Exina. Alianza de Atenas co rei de Tracia.
-430 Principio da epidemia de peste en Atenas. Revogación de Pericles. Nova invasión da Ática.
-430 - -429 Inverno Capitulación de Potidea en Calcídica.
-429 Peste. Reelección e morte de Pericles. Asedio de Platea polo exército peloponesio.
-428 Terceira invasión da Ática. Rebelión de Lesbos, dirixida par Mitilene.
-427 Primavera Capitulación de Mitilene. Instalación dunha cleruquía.
Verán Capitulación de Platea.
Principio da guerra civil en Corcira.
-426 Primeira expedición ateniense a Sicilia.
-425 Fin da guerra civil en Corcira.
Primavera Quinta invasión da Ática. Expedición naval ateniense ao longo das costas do Peloponeso, ata Pilos: bloqueo dos espartanos de Esfacteria.
Verán Reavaliación do tributo por Cleón.
-424 Renovación da paz entre Atenas e os Persas. Ocupación ateniense de Citera. Expedición espartana á Calcídica: conquista de Anfípolis por Brasidas. Derrota ateniense ante os Beocios en Delion. Regreso da frota ateniense de Sicilia.
-423 Subida ao trono de Darío II nun contexto problemático.
-422 Batalla de Anfípolis. Morte de Brasidas e de Cleón en Eion.
-421 Paz de cincuenta anos entre Esparta e Atenas, chamada «Paz de Nicias».
-420 Alcibíades elixido estratego en Atenas.
-417 Ostracismo de Hipérbolo en Atenas.
-416 Tisafernes, sátrapa de Lidia, reduce a Rebelión de Pisutnes.
-416 - -415 Expedición contra Melos.
-415 - -413 Expedición ateniense a Sicilia. Desastre.
-413 Establecemento dunha comisión de 10 probuloi para revisar a constitución ateniense.
Primavera Ocupación espartana da Decelia.
Verán Derrota ateniense en Sicilia.
Outono Darío II esixe novamente o tributo das cidades xonias.
Inverno Enviados de Tisafernes a Esparta. Atenas apoia o fillo de Pisutnes.
-412 Rebelión dos aliados de Atenas. Tratado entre Esparta e os Persas.
Verán Primeiro tratado entre Tisafernes e a Liga do Peloponeso. Concentración das forzas navais en Xonia.
412 - 411 a.C. Inverno atraso dos auxilios persas: segundo tratado entre Esparta e os Persas. Batalla de Mileto.
-411 Golpe de Estado reaccionario en Atenas (os Catrocentos). Intrigas de Alcibíades, que abandonou o campamento espartano para Tisafernes e negocia a alianza persa contra o seu regreso a Atenas. Fracaso.
Primavera Revolución oligárquica en Atenas. Alcibíades en Samos. Reapertura dos Estreitos.
maio Comisión dos Dez, estendida a Trinta e dotada de plenos poderes.
xuño Asemblea de Colono. Goberno dos Catrocentos.
Verán Terxiversacións de Tisafernes que se reprega cara ao sur de Asia Menor. Alcibíades vaise reunir con el.
agosto Asasinato de Frínico. Goberno dos Cinco Mil, arredor de Teramenes en Atenas. Cruceiro da frota nos Estreitos. Vitoria de Cinosema cerca de Abidos. (Fin da Historia de Tucídides).
Outono Tensións entre os persas e os peloponesios en Xonia. Regreso de Tisafernes. Os peloponesios se aproximan a Farnabazo, o sátrapa de Frixia.
-411 - -410 Inverno Misión de Alcibíades ante Tisafernes para obter subsidios; internado en Sardes.
-410 Primavera Restablecemento da democracia en Atenas e do poder ateniense no Exeo. Vitoria en Cícico da frota mandada par Alcibíades.
-409 En Sicilia, avance cartaxinés e destrución de Selinunte e deHimera.
-408 - -407 Inverno Darío II implícase na axuda aos peloponesios. Nomeamento de Ciro á fronte da Lidia e da Frixia, responsábel das operacións militares. Amizade de Ciro e do navarco espartano Lisandro.
-407 Lisandro comandante da frota. Regreso de Alcibíades a Atenas. Derrota de Notio e retirada a Tracia. (Principio da Historia de Xenofonte).
-406 Conquista cartaxinesa de Agrigento. Dionisio á fronte de Siracusa con plenos poderes. Proceso dos estrategos atenienses.
Verán Vitoria sen futuro de Atenas nas illas Arxinusas.
-405 Derrota dos atenienses en Egospótamos. Conquista cartaxinesa de Xela e de Camarina.
setembro Destrución da frota ateniense en Egospótamos.
Primeiro tratado de paz entre Dionisio e Cartago.
-404 Asedio e rendición de Atenas. Fin da guerra do Peloponeso. Morte de Darío II e subida ao trono de Artaxerxes II.
Primavera Rendición de Atenas. O estratego ateniense Conón refúxiase en Chipre, e despois onda o rei de Persia.
xuño - decembro Réxime dos Trinta en Atenas.
decembro Trasíbulo apodérase do forte de File.
-404 - -403 Operacións de Lisandro no Exeo e en Xonia.
Inverno Marcha de Trasíbulo sobre o Pireo. Batalla de Muniquia. Liberación do Pireo.
-403 Restauración democrática en Atenas.
Outono Pacificación da Ática polo rei de Esparta Pausanias I.
setembro Batalla cerca do Pireo. Negociacións e amnistía xeral en Atenas. Repregue dos Trinta a Eleusis.
Restauración da democracia.
-403 - -399 Revisión das leis e cambio de alfabeto en Atenas.
-401 - -400 Rebelión de Ciro o Novo contra o rei Artaxerxes II Memnón, seu irmán, enrola mercenarios gregos por medio dun espartano. Expedición a Mesopotamia. Batalla de Cunaxa e morte de Ciro. «Anábase» dos Dez Mil.

Século -IV

[editar | editar a fonte]
Ano Data Acontecementos
-400 - -399 Campañas espartanas contra Élide.
-400 - -394 Campañas espartanas a Asia Menor, contra os Persas.
-400 - -399 Operacións de Tibrón a Eolia e logo a Caria.
-399 - -397 Operacións de Dercílidas a Eolia e cerca dos Estreitos; raid a Tracia; operacións en Caria.
-399 En Atenas, proceso e morte de Sócrates; en Esparta, conspiración de Cinadón.
-397 Conquista de Motie por Dionisio.
-397 - -395 Conón impónse á fronte da frota persa.
-396 - -394 Vitoria de Axesilao II sobre Tisafernes.
-396 Desembarco de Himilcón en Palermo. Asedio de Siracusa. Retirada de Himilcón.
-395 - -390 Guerra de Corinto.
-395 - -394 Operacións espartanas en Grecia central. Morte de Lisandro. Chamamento de Axesilao II. Vitoria de Coronea.
-394 Vitoria de Cnido sobre os Espartanos, que os elimina do mar Exeo: principio da recuperación militar de Atenas. Esparta retírase de Asia e das illas.
-394 - -393 Acción conxunta de Conón e dos Persas no Helesponto.
-393 Regreso de Conón a Atenas: reconstrución dos Muros Longos e dunha frota.
-393 - -390 Operacións na rexión do Istmo de Corinto.
-392 Tentativas de paz. Misión de Antálcidas a Asia que obtén a axuda do sátrapa Tiribazo.
Segundo tratado de paz entre Dionisio e Cartago.
Fundación da liga italota, que reúne as cidades da Magna Grecia.
-390 Envío dunha frota espartana a Rodas.
-389 Expedición de Axesilao II a Acarnania.
Primeira viaxe de Platón a Italia e a Sicilia.
-389 - -388 Operacións no Golfo Sarónico, arredor de Exina. Atenas controla Bizancio e Mitilene.
-388 Expedición naval de Antálcidas a Xonia, e logo ao Helesponto. Liberdade de navegación para os atenienses. Vitoria de Dionisio sobre a liga.
-387 - -386 A frota de Esparta controla a ruta do trigo tracio; dificultades de aprovisionamento en Atenas.
-386 Paz do Rei (ou Paz de Antálcidas). Asedio e capitulación de Region.
-385 Destrución de Mantinea. Reorganización da liga peloponesia. Colonización no Adriático: fundación de Isa.
-384 Saqueo do santuario de Pyrgi.
-382 Ocupación de Tebas polos Espartanos (ocupación da Cadmea); Atenas acolle os exiliados tebanos. Nacemento de Filipo II de Macedonia, último fillo do rei Amintas.
-379 Liberación de Tebas.
-378 Segunda Liga marítima ateniense.
-378 - -376 Campañas espartanas en Beocia.
-372 Batalla de Leuctra. Restablecemento da confederación Beocia.
-371 - -361 Campañas de Epaminondas no Peloponeso.
-371 - -369 Inversión das alianzas: Atenas alíase con Esparta. Triunfo do partido da paz en Atenas (Calístrato). Reconstrución dun Estado mesenio.
-368 - -365 Filipo II de Macedonia refén en Tebas.
-367 Nova Paz do Rei.
-367 - -366 Inverno Morte de Dionisio.
-366 Tiranía de Dión de Siracusa e segunda viaxe de Platón a Sicilia. Goberno de Dionisio II.
-365 - -364 Expedicións atenienses a Samos e a Calcídica (Timoteo).
-361 Morte de Epaminondas en Mantinea. En Atenas, evicción de Calístrato e goberno do partido imperialista. Terceira viaxe de Platón a Sicilia.
-360 Fundación de cleruquías atenienses.
-359 Morte do rei Pérdicas III nunha expedición contra os Ilirios; rexencia de Filipo II de Macedonia.
-358 - -356 Campañas macedonias contra os peonios e os Ilirios do rei Bardilis.
-357 Caída e exilio de Dionisio II. Conquista macedonia de Anfípolis en Tracia.
-357 - -356 Campañas macedonias en Calcídica.
-356 Fin da rexencia: Filipo II de Macedonia toma o título real. Conquista de Potidea en Calcídica e de Pidna ao sur de Macedonia.
-357 - -355 Guerra dos Aliados contra Atenas.
-357 Toma de Anfípolis por Filipo II de Macedonia.
-356 - -346 Terceira guerra sagrada.
-356 - -355 Triunfo do partido da paz en Atenas (Eubulos). Discurso Sobre a paz de Isócrates; tratado sobre Os Medios de se procurar ingresos (Poroi) de Xenofonte.
-354 Conquista macedonia de Metona ao sur de Macedonia. Intervención macedonia en Tesalia.
-354 - -352 Campañas macedonias en Tesalia. Vitoria do Campo dos Crocus (preto de Feres). Filipo II arconte de Tesalia. Filipo renuncia a cruzar as Termópilas, bloqueadas por unha coalición das cidades.
-351 Campaña de Tracia. Primeira Filípica de Demóstenes.
-349 - -348 Guerra de Olinto. Anexión da Calcídica. Desaparición da confederación calcídica. En Atenas, proceso de Midias
-347 - -346 Regreso de Dionisio II a Siracusa.
-346 Congreso Panhelénico de Pella e paz de Filócrates entre Filipo II e os Gregos. Filipo de Isócrates. Fin da Terceira Guerra sagrada. Filipo II de Macedonia controla as Termópilas e Delfos. Reorganización da anfictionía.
-345 Campaña iliria de Filipo II.
circa Control das minas tracias do Monte Panxeo por Filipo II de Macedonia. Primeiras moedas de ouro macedonias.
-344 Timoleón enviado por Corinto a Siracusa. Reorganización da Tesalia macedonia en catro distritos.
-343 Pacto de Filipo II de Macedonia co rei persa. En Atenas, proceso Sobre a embaixada (de -346).
-342 Intervención macedonia en Epiro.
-341 Vitoria de Timoleón sobre Cartago.
Organización da estratexia de Tracia. Campaña macedonia a Tracia, cara aos Estreitos, contra Perinto e Bizancio.
-340 Outono Atenas declara a guerra a Filipo II de Macedonia. Operacións sobre os Estreitos.
-339 Cuarta guerra sagrada, levada por Filipo II de Macedonia no nome da anfictionía. Alianza de Tebas e Eretria.
-338 Vitoria de Filipo II sobre os Gregos en Queronea en Beocia. Campaña no Peloponeso.
-337 Establecemento da Liga de Corinto. Congreso Panhelénico. Campaña macedonia en Iliria.
-337 - -336 Timoleón remata a súa obra de restauración, abandona os plenos poderes e morre pouco despois.
-336 Desembarco dun corpo expedicionario macedonio en Asia, con Parmenio. Morte de Filipo asassnado en Aigai e subida ao trono de Alexandre. En Corinto, renovación da alianza cos Gregos.
-335 Rebelión e destrución de Tebas. Campañas de Alexandre en Tracia, sobre o Danubio e en Iliria. Movemento anti-macedonio en Grecia.
-334 Primavera Desembarco en Asia Menor. Batalla do Gránico (maio-xuño).
Outono Licenza da frota grega.
-334 - -333 Conquista de Asia Menor por Alexandre contra Darío III.
-333 Principio Alexandre en Gordión.
Outono batalla de Isos.
-333 - -332 Operacións navais ao longo do litoral anatolio.
-332 Principio da Rebelión de Esparta.
Verán Campaña de Fenicia. Asedio de Tiro.
-332 - -331 Conquista de Fenicia e de Exipto. Fundación de Alexandría.
-331 Outono Derrota de Esparta en Megápolis. Batalla de Gaugamela, o 1 de outubro.
-331 - -330 Conquista da Mesopotamia e da Persia. Morte de Darío III.
-331 - -330 Inverno Alexandre en Babilonia, en Susa e Persépole. Inverno en Persépole. Incendio da cidade.
-330 Asasinato de Darío III polo sátrapa de Bactriana. Represión do complot de Parmenio e de Filotas. Licenza dos continxentes gregos aliados.
-329 - -327 Pacificación das Altas Satrapías (Afganistán).
-328 - -327 Pacificación e colonización do val do Oxos. Matrimonio con Roxana. Cuestión da proscínese. Conxuración dos Pagos. Mobilización dos Persas.
-327 - -325 Campaña da India.
-325 setembro - decembro Viaxe de regreso ata Susa.
-324 Fuxida de Harpalo, o tesoureiro, a Atenas. Decretos de Susa sobre o regreso dos desterrados e a institución dun culto real. Vodas de Susa. Regreso a Babilonia. Sedición de Opis.
-323 Carácter mixto da falanxe hoplítica.
xuño Morte de Alexandre en Babilonia. Subida ao trono de Filipo Arrideo e de Alexandre IV. Primeira partición do Imperio. Poder efectivo en Pérdicas e en Crátero.
Verán Sublevación de Atenas, aliada cos etolios e os tesalios (guerra lamíaca).
-323 - -321 Primeiro período dos guerras de sucesión (loita entre os Diádocos).
-322 Derrota da frota nas augas de Amorgos; derrota do exército de terra en Crannon. Morte de Demóstenes, de Hipérides e de Aristóteles. Fin da guerra lamíaca. Guarnición macedonia no Pireo. Goberno oligárquico de Foción en Atenas.
-321 Morte de Pérdicas e de Crátero. Conferencia de triparadisos.
-321 - -316 Segundo período das guerras de sucesión (loita entre os Diádocos).
-319 Morte de Antípater. Polipercón sucédeo en Grecia. Amnistía de Polipercón. Restauración democrática.
-318 Morte de Filipo Arrideo. Olimpias toma o poder. En Atenas, goberno de Demetrio de Falero. Morte de Eumenes. Casandro dono do Pireo.
-317 Principio do goberno de Demetrio de Falero. Constitución censitaria.
-316 Morte de Olimpias. Agatocles, estratego de Sicilia con plenos poderes.
-315 - -311 Terceiro período das guerras de sucesión (loita entre os Diádocos).
-311 Liberación das illas. Liga dos Insulares.
-311 - -306 Guerra de Agatocles contra Cartago.
-310 Morte de Alexandre IV. Casandro dono de Macedonia.
-307 Demetrio Poliorcetes en Atenas e liberación do Pireo. Fin do goberno de Demetrio de Falero. Restauración democrática.
-306 Vitoria de Salamina de Chipre. Antígono o Torto e Demetrio Poliorcetes toman o título real.
-306 - -305 «Ano dos reis».
-306 - -304 Tolomeo, Seleuco, Casandro, Lisímaco e Agatocles toman o título real. Asedio de Rodas por Demetrio Poliorcetes.
-305 - -304 Atenas en xogo entre Casandro e Demetrio. Demetrio apoiado polos demagogos (Estratocles).
-305 - -303 Campaña de Seleuco en Asia central e na India.
-301 Batalla de Ipsos. Morte de Antígono. Os moderados no poder en Atenas (tendencia Fedro). Política de neutralidade.

Século -III

[editar | editar a fonte]
Ano Data Acontecemento
-299 Agatocles toma Corcira.
-297 Morte de Casandro. Restauración de Pirro en Epiro.
-295 Tiranía militar de Lacares. Resistencia democrática no Pireo.
-294 Demetrio I Poliorcetes, rei de Macedonia, controla Atenas e a Grecia central tras a caída de Lacares. Réxime autoritario e fame.
-292 - -287 Período oligárquico, tras a chamada dos oligarcas exiliados.
-290 - -289 Conflito entre Pirro e Demetrio, que ocupa Corcira. Morte de Agatocles.
-288 Repartición da Macedonia entre Pirro e Lisímaco.
-288 - -287 Elección e reelección de Fedro como estratego dos hoplitas.
-287 Sublevación contra a guarnición macedonia. Intervención da frota láxida mandada por Calias, irmán de Fedro. Fracaso do asedio por Demetrio. Paz entre Tolomeo I e Demetrio: liberación de Atenas, pero non do Pireo.
-287 Atenas libérase da guarnición macedonia.
-287 - -262 Período democrático en Atenas. Amizade láxida.
-286 Evacuación da guarnición macedonia de Eleusis.
-286 - -281 Tentativas infrutuosas para recuperar O Pireo.
-285 Lisímaco único rei en Macedonia. Demetrio prisioneiro de Seleuco I.
-283 - -280 Morte dos Diádocos. Constitución dos tres reinos.
-283 Morte de Demetrio e de Tolomeo I. Subida ao trono de Tolomeo II: apoxeo do reino láxida.
-282 - -281 Evacuación da guarnición de Salamina. Recuperación das cleruquías.
-281 Verán Batalla de Curupedión en Lidia. Morte de Lisímaco. Subida ao trono de Areos en Esparta.
-280 Morte de Seleuco. Tolomeo Ceraunos dono da Macedonia. Honores póstumos votados a Demóstenes.
-280 - -275 Pirro, rei de Epiro, en Italia e en Sicilia. Vitoria romana.
-279 - -278 Invasión gálata en Macedonia e en Grecia. Morte de Tolomeo Ceraunos loitando contra eles. Subida ao trono de Antígono Gonatas en Macedonia. Inicio da Confederación etolia.
-278 Participación de Atenas na loita contra os Celtas.
-274 - -272 Primeira guerra de Siria, entre Láxidas e Seléucidas.
-272 Embaixada de Tolomeo II ante o Senado romano. Principio da amizade entre os Láxidas e Roma.
-270 Honores votados ao demócrata Leocares e a Calias de Esfetos, o «liberador» de -287.
-268 Hierón, rei en Siracusa.
-268 - -267 Arcontado de Pitidemo: principio da guerra contra Antígono (guerra de Cremónides); alianza de Atenas con Esparta (decreto de Cremónides).
-267 Forzas láxidas e antigónidas en Ática.
-267 - -262 Guerra de Cremónides.
-265 - -262 Asedio de Atenas.
-263 Independencia de Pérgamo.
-262 Ocupación e administración macedonia de Atenas.
-260 - -253 Segunda guerra de Siria.
-256 - -255 Evacuación de Atenas, pero non das guarnicións exteriores.
-251 Principio da expansión da Confederación Aquea.
-250 Perda dos confíns orientais do Imperio Seléucida.
-246 Fin do reinado de Tolomeo II.
-246 - -241 Cambios de reinado e terceira guerra de Siria.
-240 - -238 «Guerra fratricida» no reino seléucida e constitución do reino de Pérgamo.
-244 Visita de Antígono a Atenas.
-244 - -222 Época dos reis reformadores en Esparta.
-243 Primavera Inseguridade en Atenas tras a ocupación de Corinto por Aratos.
-238 Evacuación das fortalezas da campaña por Demetrio II.
-231 - -230 Fin do reino de Epiro.
-229 Morte de Demetrio II. Negociación da retirada da guarnición do Pireo. Política de neutralidade e de non-intervención, dirixida por Euriceides e Mición. Intervención romana no Adriático.
-229 - -228 Primeira guerra de Iliria.
-227 Terremoto en Rodas. Constitución da provincia romana de Sicilia.
-227 - -222 Guerra de Cleómenes. Reconstitución da Liga helénica.
-223 Subida ao trono de Antíoco III. Rebelión xeral.
-221 Subida ao trono de Filipo V.
-221 - -217 Cuarta guerra de Siria. Batalla de Rafia. Guerra dos Aliados entre etolios e a Liga Helénica. Paz de Naupacto.
-219 Segunda guerra de Iliria. Principio da segunda guerra púnica. Repartición de trigo láxida en Roma en período de penuria.
-215 Alianza de Filipo V de Macedonia e de Aníbal. Principio da primeira guerra de Macedonia.
-212 Tratado romano-etolio. Intervención de Roma na guerra.
-211 Segunda guerra de Iliria.
-205 Fin da primeira guerra de Macedonia. Primeira intervención romana no reino láxida. Coa subida ao trono dun rei-neno (Tolomeo V) e mentres Antíoco III esta ás portas de Exipto, Roma obtén a retirada do Seléucida. Guerra cretense.
-202 Fin da segunda guerra púnica.
-200 Alianza de Atalo de Pérgamo e de Roma.

Século -II

[editar | editar a fonte]
Ano Data Acontecemento
-200 - -197 Segunda guerra de Macedonia.
-196 Roma proclama a liberdade dos Gregos.
-195 Aníbal ante de Antíoco III.
-192 - -188 Guerra de Antíoco ou etolo-siria. Os romanos pasan a Asia.
-188 Paz de Apamea. Retirada dos Seléucidas de Asia Menor. Apoxeo de Pérgamo e de Rodas, aliados de Roma.
-171 - -168 Terceira guerra de Macedonia.
-168 Desaparición do reino Antigónida. Intervención diplomática de Roma na sexta guerra de Siria: ultimato a Antíoco IV: o legado Popilio Lenas obrígao a levantar o asedio de Alexandría.
-167 Pillaxe do Epiro ao regreso das lexións. Principio da Rebelión dos Macabeos.
-166 Creación do porto franco de Delos ás expensas de Rodas.
-164 Primeira partición do reino dos tolomeos: terceira intervención romana, tras da guerra fratricida entre Tolomeo VI e o seu irmán Apión, o senado obriga a unha partición do reino.
-149 - -148 Rebelión de Andrisco en Macedonia. Constitución da provincia de Macedonia.
-149 - -146 Terceira guerra púnica.
-147 - -146 Guerra de Acaia.
-146 Destrución de Corinto e de Cartago.
-145 - -116 Reinado axitado de Tolomeo VIII Everxetes II.
-140 Extensión do reino parto ata Mesopotamia.
-133 Morte de Atalo III, que lega o seu reino a Roma.
-133 - -128 Rebelión de Aristónico en Pérgamo. Constitución da provincia de Asia.
-129 Derrota e morte de Antíoco VII contra os partos. Principio do declive seléucida.
-121 Principio do reinado de Mitrídates VI no Ponto.

Século -I

[editar | editar a fonte]
Ano Data Acontecemento
-89 - -85 Primeira guerra mitridática (Sila).
-88 Masacre dos Italianos de Asia.
-86 Vitoria de Sila na terceira batalla de Queronea sobre une exército de Mitrídates VI.
-80 Intervención de Sila: á morte de Tolomeo IX, sen herdeiro home lexítimo, Sila instala no trono o príncipe que el elixiu.
-74 - -70 Segunda guerra mitridática (Lúculo).
-67 - -63 Terceira guerra mitridática e reorganización do Oriente por Cneo Pompeio Magno. Fin do reino seléucida.
-63 Fin do reinado de Mitrídates VI.
-58 Tolomeo Auletes refúxiase onda Pompeio en Roma.
-55 Intervención do gobernador de Siria Gabinio. Tolomeo Auletes é restituído no trono.
-54 - -51 Caio Rabirio Póstumo ministro de Finanzas do reino láxida.
-51 Subida ao trono de Cleopatra en Alexandría.
-48 Primeira guerra civil. Batalla de Farsalia en Tesalia. Execución de Pompeio refuxiado en Exipto.
-48 - -47 Sublevación de Alexandría. Campañas de César en Exipto e no Ponto. Para servir aos intereses de Cleopatra, asasina ao seu irmán-esposo, Tolomeo XII e senta no trono ao irmán máis novo, Tolomeo XIII. Relación con Cleopatra. Nacemento de Cesarión.
-47 - -44 Cleopatra e Cesarión en Roma.
-44 Refundación de Corinto por César, como colonia romana.
-41 - -30 Intervención de Antonio. Relación con Cleopatra e nacemento de tres nenos.
-42 Segunda guerra civil. Batalla de Filipos en Macedonia.
-34 Antonio en Alexandría. Reorganización do Oriente arredor de Alexandría.
-31 Batalla de Actio.
-30 Organización da provincia de Exipto.
-27 Constitución da provincia de Acaia.

Século I

[editar | editar a fonte]
Ano Data Acontecemento
25 Morte de Estrabón.
66 - 67 Liberación dos Gregos por Nerón e abolición da provincia de Acaia.
74 Reacción antifilosófica e antihelenista de Vespasiano. Restablecemento da provincia de Acaia.

Século II

[editar | editar a fonte]
Ano Data Acontecemento
120 Morte de Plutarco.
124 - 125 Primeira viaxe de Hadriano a Grecia e a Asia.
128 - 129 Segunda viaxe de Hadriano.
131 - 132 Terceira viaxe de Hadriano. Fundación do Panhelenión.
Descrición da Grecia (Periéxese) de Pausanias. Historia de Arriano (a Anábase de Alexandre e a Historia dos Diádocos, das que só quedan fragmentos).
162 Odeón de Herodes Ático en Atenas.
166 Gran peste.
170 Invasión dos Costobocos.

Século III

[editar | editar a fonte]
Ano Data Acontecemento
267 Invasión dos Hérulos.

Século IV

[editar | editar a fonte]
Ano Data Acontecemento
393 Última olimpíada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]